Identidade corporativa, deseño de envases, deseño editorial, fotografía, retoque fotográfico, publicidade, cartelería, creación de nomes para produtos ou empresas, creación de imaxe de marca… todo isto e moito, moito máis é o que levo facendo desde que estaba a estudar Deseño Gráfico na EASD Pablo Picasso da Coruña alá polo ano 1998. Desde entón afortunadamente levo todo este tempo traballando no que me gusta. Que basicamente consiste en dar forma a ideas e conceptos. Non sempre resulta sinxelo, e tampouco sei cal será o resultado final, pero supoño que esa é a graza desta profesión. Que cada proxecto é unha nova aventura que non deixa de sorprenderme ;D

O máis recente

Alma das Donas.

Un proxecto novo, un proxecto ilusionante. Crear unha marca desde cero, darlle nome, crear os conceptos necesarios para diferenciala dos seus competidores, e que o resultado sexa tan chulo… non ten prezo.

Algúns exemplos

QUE QUERES SABER?

Pregúntame o que queiras, estarei encantado de responderche.
E se queres quedar para tomar un café, pois mellor que mellor ; )

contacto@jlsseoane.com

© All content by jlsseoane